Loading
Artigo

Neofalantes, Neogalego e Neofoliadas: Music, Dance and Language in Contemporary Galicia

Grupos de Investigação

Kalee Rose Prendergast, investigadora do INET-md em doutoramento na NOVA FCSH, é autora do artigo “Neofalantes, Neogalego e Neofoliados: Music, Dance and Language in Contemporary Galicia“, publicado pelo Galicia21 – Journal of Contemporary Galician Studies.

Resumo:

Este artigo presenta os achados dunha investigación etnográfica sobre o uso da lingua galega nas xuntanzas de música e danza ‘tradicional’ (foliadas) en Santiago de Compostela. A través dunha perspectiva etnomusicolóxica e sociolingüística, obsérvase como as foliadas modelan unha ‘identidade’ social, política e sociolingüística, e, polo tanto, como poden desempeñar un papel na revitalización da lingua. Onde as políticas lexislativas traballaron para revitalizar o galego desde a transición á democracia despois de Franco, este estudo observa fenómenos lingüísticos fóra do ámbito institucional , ao tempo que busca recoñecer os espazos sociais das foliadas como un compoñente de base do movemento da revitalización da lingua galega. Considerando que a música, a danza e a lingua galega experimentaron traxectorias históricas paralelas vinculadas á construción da identidade galega, este artigo ten como obxectivo reflexionar sobre como as persoas se identifican hoxe con estas prácticas expresivas e, ademais, explorar a relación entre a súa participación en ambientes musicais tradicionais e a lingua que empregan. Cuestiona se as motivacións detrás do cambio lingüístico (do castelán ao galego) ou do mantemento da lingua galega están ligadas á participación no ambiente da foliada, explorando as experiencias musicais e lingüísticas de neofalantes e de falantes tradicionais. Ademais, considera ata que punto a elección lingüística destes participantes ten un efecto no uso da lingua doutras persoas fóra da escena da música e baile tradicional. Aínda que a música, o baile e a lingua poden estar ligadas á revivificación cultural galega tras o Franquismo, tamén se terán en conta as formas nas que a tradición se está reinventando no século XXI. A través da observación participativa e entrevistas, estes achados ofrecen unha visión sobre como as persoas perciben a súa expresión cultural e social actual. Buscan establecer as prácticas contemporáneas de música e danza ‘tradicional’ como compoñentes valiosos na revitalización da lingua galega.